29 de agosto de 2008

«É unha medida experimental e illada, debería de facerse un plan de transporte metropolitano»

Comisións Obreiras leva anos defendendo a necesidade dun plan de transporte público na área metropolitana. José Manuel Lado é o seu responsable provincial.

-¿Que opina do carril bus?

-É unha boa medida, aínda que experimental e illada. Entendemos que o Concello da Coruña debería ser ambicioso e levalo a máis rúas, nas que sexa posible, e sobre todo debería facerse un plan de transporte público metropolitano.

-Hai veciños e comerciantes que critican o carril bus...

-Pode resultar algo incómodo os primeiros días, pero os prexuízos son infinitamente menos que os beneficios. Xa escoitei a taxistas e traballadores dos buses destacando as ventaxas.

-¿Hai que mentalizarse?

-Si, pero sobre todo hai que ir a un cambio de modelo, hai unha cultura de uso excesivo dos coches privados e iso ten un coste medioambiental e enerxético. O transporte público reduce o consumo, é por tanto un aforro neste tempo de crisis.

Fuente: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: