15 de enero de 2013

Tres concellos se adhieren al Plan de Transporte Metropolitano: A Laracha, Cerceda y Oza dos Ríos.

O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, na súa visita ao Concello de Laracha, anunciou que o custe dunha viaxe entre A Laracha e a Coruña pasa de 2,80 a 1,77, coa tarxeta do Plan de Transporte Metropolitano. Recordou que este é un dos beneficios aos que poderán acceder os veciños deste concello e de Oza dos Ríos e Cerceda, xa que hoxe entrou en vigor o convenio de adhesión a este proxecto de mobilidade. Deste xeito so veciños destes tres concellos gozarán de aforros que van dende o 37 ao 48% do prezo do billete de autobús.

No seguinte cadro apréciase a diminución dos importes debido ao emprego da tarxeta do transporte metropolitano


No caso de Cerceda, coa aplicación das tarifas do transporte metropolitano, o billete pasará de ao redor de 3,20 euros a 1,77 euros en todas as paradas ao igual que en Oza dos Ríos, onde o billete actual costa arredor os 3,40 euros.

O director xeral, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, subliñou que un requisito indispensable para acollerse a este tipo de beneficios e a adquisición da tarxeta TMG, que se comercializará nas oficinas de Novagalicia banco nos devanditos concellos a partir do martes 15 de xaneiro.

Se suman 3 concellos más!
Actualmente a área coruñesa do plan de transporte metropolitano de Galicia está formada polos concellos da Coruña, Arteixo, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada, Cerceda, A Laracha e Oza dos Ríos; un total de 13. A entrada destes concellos na área da Coruña suporá importantes beneficios, sobre todo no que se refire a descontos para os veciños da zona, que experimentarán unha substancial mellora na súa mobilidade entre os distintos concellos da área.

Os usuarios da tarxeta de transporte metropolitano, tanto dende A Laracha como de Cerceda e Oza dos Ríos á Coruña e viceversa, acolleranse a importantes descontos no importe do billete, podendo aforrar ata 600 euros anuais. Así, os máis de 20.000 veciños destes tres concellos beneficiaranse destes aforros anuais.

O obxectivo fundamental do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia é mellorar a competitividade do sistema de transporte público colectivo, nunha clara aposta polo fomento da mobilidade sostible. O Plan que desenvolve a Xunta de Galicia é posible grazas á colaboración dos concellos, que teñen unha intervención activa tanto no seu financiamento, como na definición de novos servizos, por exemplo.

Fuente: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: