5 de octubre de 2017

Ayudas: Curso 2017-2018 > transporte urbano y áreas metropolitanas (#Coruña y #Ferrol).

Daos prisa, porque el plazo de inscripciones se acaba este próximo miércoles 11 de octubre. Se trata de las ayudas previstas para este curso universitario 2017-2018, para el transporte urbano de Coruña y también para las áreas metropolitanas de Coruña-Ferrol.

A continuación reproducimos la información original de interés:

REQUISITOS:
  • Alumnado da UDC que estea matriculado no curso 2017-2018 dun mínimo de 30 créditos nunha titulación oficial no Campus da Coruña ou no Campus de Ferrol.
  • Non poderá gozar desta axuda o alumnado que estea realizando unha mobilidade estatal (SICUE) ou internacional (ERASMUS e asimilables) no curso 2017/2018, independentemente da duración da estadía nin aquel alumnado que estea en plans de estudos sen dereito a docencia.
  • As axudas concederanse en función da Renda Persoal Dispoñible (de menor a maior RPD) definida esta como a renda familiar da persoa solicitante. En ningún caso se poderá recibir esta axuda cando a RPD sexa superior aos 13.500 €.

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.
  • Unha vez cuberta, deberá ser impresa e asinada polo/a solicitante e mais polos demais membros computables da familia, e presentarse coa documentación na Sección de Bolsas da UDC (Universidade da Coruña) ou no SAPE do Campus de Ferrol.

REMUNERACIÓN/DOTACIÓN:
  • O importe máximo da subvención por cada alumno/a será en todos os casos de 124,8 €.
a) No caso do Campus da Coruña e para usar no transporte urbano coa tarxeta Millennium disporá de 260 viaxes subvencionadas pola universidade con 0,48 euros cada unha.

b) No caso das áreas de transporte metropolitano (ATM) e usando a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia (TMG) as porcentaxes de bonificación en relación co número de saltos das viaxes realizadas son as recollidas no documento da convocatoria.

PÁXINA WEB:
www.udc.es

CONTACTO:
Universidade da Coruña
Sección de bolsas - Pavillón de estudantes
Campus de Elviña
15071 A Coruña
Tlf.: 981 167 000
Correo electrónico: bolsas@udc.es



___Otra versión:

A Universidade da Coruña (UDC) convoca 2070 axudas para o transporte urbano na cidade da Coruña ou para transporte metropolitano da Coruña e Ferrol destinadas ao alumnado da UDC que estea matriculado no curso 2017-2018 dun mínimo de 30 créditos nunha titulación oficial no Campus da Coruña ou no Campus de Ferrol.

As modalidades de axudas serán dúas:

1. Destinada ao transporte urbano da cidade da Coruña. Para poderse beneficiar destas axudas no transporte urbano da Coruña será requisito inescusable estar en posesión da Tarxeta Millennium.

2. Destinada ao transporte metropolitano das áreas metropolitanas da Coruña e de Ferrol. Para poder beneficiarse destas axudas no transporte metropolitano será requisito inescusable estar en posesión da Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia:
  •  a) No caso do alumnado da UDC que curse estudos na Coruña os desprazamentos bonificados son os desprazamentos entre calquera concello da Área de Transporte Metropolitano da Coruña e os concellos da Coruña e de Oleiros nos que se localizan as dependencias universitarias. A relación de concellos que integran a ATM da Coruña aparece recollida na seguinte ligazón web: http://tmg.cmati.xunta.es/area-da-coruna
  • b) No caso de alumnado da UDC que cursa os seus estudos en Ferrol os desprazamentos bonificados neste caso son os desprazamentos entre calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Ferrol e o concello de Ferrol no que se localizan as dependencias universitarias. A relación de concellos que integran a ATM de Ferrol aparece recollida na seguinte ligazón web: http://tmg.cmati.xunta.es/area-de-ferrol

En ningún caso se aplicarán estas bonificacións aos desprazamentos que se realicen fóra das ATM citadas ou que supoñan relacións entre concellos que pertencen a dúas áreas metropolitanas distintas. O alumnado que curse estudos na Facultade de Ciencias do Deporte e resida no concello da Coruña terá que estar en posesión da TMG para poderse beneficiar da axuda.

Fontes:
coruna.gal
udc.gal

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios busurbanos...: